Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

ALBA CID | MARIA JOÂO WORM | ESTEVO CREUS

A FAIA DE PONTO

No bosque artúrico de Brocelianda, en Paimport (Bretaña) aínda hoxe podemos contemplar a faia de Ponto. Conta unha lenda que foi Ponto, le Roi de la Galice, quen plantou esta faia, outra asegura que a árbore é o propio Ponto, convertido nela tras a súa morte. Partindo do roman medieval francés de finais do XIV Ponthus et la belle Sidonie, Alba Cid e Estevo Creus emprenden unha orixinal relectura poética que, deconstruíndo e ramificando o relato mítico, fai tremer as visións tradicionais do heroe e trae ás areas do presente o fondo cultural do mundo artúrico, lembrándonos a vitalidade do Reino de Galiza como referente na Europa medieval. Coa máxima liberdade creadora, os poemas de A faia de Ponto. Le Roi de la Galice devolven a voz aos personaxes da orixinaria novela en verso, conseguindo que transmitan unha cotiandade moderna sen renunciar ao seu sino histórico. As iluminacións realizadas en exclusiva para a presente edición son obra da artista lisboeta Maria Joâo Worm.
  • Editorial: A Central Folque |
  • Dimensións: 145x205 |
  • Idioma: Galego |
  • Ilustración: MARIA JOÂO WORM |
  • ISBN: 978-84-122867-5-5 |