Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Caballero, Félix J.

A retranca. Un intento de clarificación

Retranca é hoxe sinónimo de “humor galego”, mais a retranca, ben mirada, non é humor nin ironía, nin moito menos burla. Quen a practica non tenta facer rir nin tampouco atacar a ninguén; só defenderse. Este ensaio tenta definir os límites dunha habelencia tan galega como cada vez máis rara, subliñando o seu carácter defensivo e a súa íntima relación coa cautela e a reserva, e diferenciándoa doutros conceptos máis ou menos afíns cos que é confundida ás veces, como a sorna, a ironía ou mesmo o sarcasmo.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páxinas: 158 |
  • Dimensións: 135x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9151-958-4 |