Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Ninon de Lenclos

Cartas ao marqués de Sévigné

O marqués mozo de Sévigné solicita de Ninon a súa tutela para que o dirixa en cuestións de galantería na súa entrada en sociedade. Ninon acepta e a partir de aí inicia unha correspondencia na que lle vai explicar o mellor modo de tratar coas mulleres e como seducilas, ditándolle a súa conducta e instruíndoo nas debilidades, patoloxías e segredos do corazón destas, aínda que iso supoña, como ela di, traizoar o seu sexo. 

Estas cartas lense coma se fosen unha novela xa que ao longo dos textos observamos o avance ou o retroceso do mozo Sévigné na súa conquista, os seus fracasos e os seus triunfos. Ninon é coma unha mestra amábel e risoña. Non se enfada, búrlase amabelmente do marqués e dos seus contratempos e axitacións. Esta correspondencia que forman un total de oitenta cartas, das que traducimos neste volume corenta, foi recollida por Damours e publicada de maneira póstuma por primeira vez en 1750 por Crébillon fillo, célebre autor dramático e membro da Académie Française. 

O estilo das cartas é simple e directo. En xeral informal e elegante pola súa sobriedade. Ninon fai gala dun fino sentido do humor e utiliza unha lingua rica e coidada, adaptada á súa visión naturalista do amor.
  • Editorial: Rinoceronte Editora |
  • Páxinas: 156 |
  • Dimensións: 145x220 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: Lázare Rodríguez, Emma |
  • ISBN: 978-84-17388-90-4 |