Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Calo Lourido, Francisco

A historia de España baseouse en falacias

Todos os pobos sentiron a necesidade de posuír unha Historia que lles permitise fachendear diante dos veciños. A de España foise forxando ao longo dos tempos ata rematar fixada, canonicamente, nos séculos XIX e XX. A súa síntese será transmitida, como adoutrinamento, a todos os cativos e cativas da totalidade do territorio: España é unha única nación cunha Historia común que, arrancando desde Altamira, facendo unha Reconquista, sendo unificada polos Reis Católicos, gobernando un Imperio etc., chega ata hoxe como a nación máis antiga de Europa. Con esta deturpada información histórica ficou a case totalidade da poboación. Os hispanistas discordaron con ese devir da nosa Historia e algúns historiadores españois sabían perfectamente que as cousas sucederan de xeito diferente a como tiñan que contalas, iniciándose, xa neste século, as discrepancias abertas coa Historia oficial. Este libro cuestiona toda a construción historiográfica dunha maneira orixinal, xa que o seu fío condutor discorre a base de ganduxar as ideas propias por medio de textos alleos para que aquelas vaian ben arroupadas cientificamente. Galic
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 632 |
  • Dimensións: 175x240 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1110-232-2 |