MÁIS DO QUE UNHAS CORES
As nacións sen estado da Europa Occidental, discriminadas, ignoradas ou até reprimidas polos poderes centrais; encontran no fútbol unha excelente plataforma para proxectarse no mundo. Mesmo negándoselles a oportunidade de contar con representación internacional, achan nos clubs dispostos a tomar a bandeira da súa reivindicación, un atallo para contornaren o silenciamento oficial.
Ramon Usall proponnos unha viaxe pola Irlanda, a Escocia, Gales, a Bretaña, a Córsega, os Países Cataláns, Euskal Herria e a Galiza; onde os deseños das camisolas dalgúns equipos representan algo máis do que unha agrupación deportiva.
- Editorial: Menino Morreu |
- Idioma: castelán |
- ISBN: 978-84-19344-04-5 |