Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Feliciano Rolán

De mar a mar

O libro que emocionou a García Lorca, Juan Ramón Jiménez, Cunqueiro ou Seoane, rescatado en edición bilingüe castelá-galega.

Publicado orixinalmente en Madrid en outubro de 1934, De mar a mar é un extraordinario libro de poemas de Feliciano Rolán Vicente (Vigo, 1907-A Guarda, 1935) que mereceu a gabanza de poetas contem- poráneos tan notables como Juan Ramón Jiménez ou Federico García Lorca, e, no noso país, de Álvaro Cunqueiro ou Luís Seoane. No entanto, trala prematura morte do seu autor aos 27 anos, o poemario ficou varado no mar do esquecemento. O presente volume rescata esta magnífica obra e repara o nome do seu creador. Esta edición bilingüe de Alvarellos Editora, publicada na súa coidada (e premiada) Colección Rescate, incorpora unha versión en lingua galega dos textos realizada polo tradutor, poeta e profesor Anxo Angueira. O volume ábrese cun clarificador ensaio de Gregorio Ferreiro Fente, e enriquécese con diverso mate- rial (imaxes, manuscritos e debuxos) moi descoñecido, cun cadro bio-bibliográfi- co de Celso R. Fariñas e cos valiosísi- mos testemuños literarios de Ricardo Carballo Calero e Carlos Martínez- Barbeito, dous intelectuais que trataron a Feliciano Rolán. Os poemas de De mar a mar son «como be- rros de afogado», en palabras de Lois Tobío. Son versos que nos han fascinar hoxe coa súa enorme sensibilidade e magnetismo.
  • Editorial: Verdemar |
  • Páxinas: 172 |
  • Dimensións: 130x200 |
  • Idioma: castelán |
  • Tradución: Anxo Angueira |
  • ISBN: 978-84-18567-37-7 |