Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

VVAA

Irmás

Oito escritoras actuais renden homenaxe a algunhas das mulleres máis destacadas na Galiza do período de 1916-1936. Mulleres que, desde logo, non correron a mesma sorte que os seus contemporáneos, homes, que si ficaron nas páxinas da nosa Historia formando parte das Irmandades da Fala. A través de poemas, relatos ou ilustracións, en Irmás. Oito diálogos contra a desmemoria (Alvarellos Editora) conflúe a mirada de oito mulleres do pasado e oito do presente. Este volume xorde a partir do «Proxecto Irmás», impulsado por Culturalia GZ, a entida- de que comanda o escritor e activista cultural Martiño Maseda e a presente publicación está coordinada pola tamén escritora, e docente, Beatriz Dourado. As Irmás reinvidicadas son: Amalia Álvarez, Olimpia Valencia, María Luz Morales, María Miramontes, Elvira Bao, Jacinta Landa, Amparo López Jean e Teruca Bouza. O volume inclúe imaxes e unha biografía de cada unha das mulleres reivindicadas. A capa está ilustrada por Adolfina Mesa.
  • Editorial: Verdemar |
  • Páxinas: 68 |
  • Dimensións: 140x210 |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-18567-39-1 |