Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Caamaño, Sue

As feridas dun amor efémero

As feridas dun amor efémero é o título do primeiro libro de Sue Camaño, unha nova voz poética que se alzou en 2022 co Premio de Poesía do Concello de Vilalba e que agora publicamos na nosa colección Libros do Sarela de Alvarellos Editora.

A obra, ilustrada por Diego Estebo, competiu con outras cen presentadas a este Premio, que en 2022 alcanzou a súa edición nº 48.

En palabras da propia autora, a súa ópera prima «aspira a ser, por unha banda, unha homenaxe aos clásicos da poesía e da literatura universal que marcaron a miña vida: dende as cantigas de amigo a Garcilaso, Rosalía Lorca ou Emily Dickinson. Con eles como inspiración, quixen reelaborar eses grandes temas que levan protagonizando a creación escrita dende as súas orixes: a morte, o desamor ou a angustia existencial».
  • Editorial: Verdemar |
  • Páxinas: 50 |
  • Dimensións: 140x210 |
  • Idioma: castelán |
  • Ilustración: Diego Estebo |
  • ISBN: 978-84-18567-38-4 |