Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Monroy, Guillermo

Guillermo Monroy

«Guillermo Monroy (Vigo, 1954-1982) foi un daqueles artistas novos que, ao iniciarse a década dos oitenta, constituíron o grupo Atlántica, historia viva e núcleo fundacional do movemento que propiciou a máis radical renovación das prácticas artísticas na nosa comunidade, unha historia ante a que Guillermo permanecerá xa eternamente novo, tras o seu prematuro falecemento en 1982, antes de chegar a facer os trinta anos.

Unha vida truncada por un infortunado accidente que nos legou como contrapartida unha produción artística única e irrepetible. Nunha década de intenso traballo e dedicación plena á pintura, Guillermo Monroy desenvolverá un proxecto artístico de inusitada madureza e coherencia que parece desmentir a extrema xuventude do seu artífice. O seu legado está constituído por unha gran cantidade de lenzos e debuxos sobre papel, centenares de bosquexos e apuntamentos; pintura aplicada sobre toda clase de soportes: tea, papel, cartóns e embalaxes atopadas, coma se —sobre todo nos seus últimos anos— un escuro presentimento o empurrase cara a unha infatigable actividade creadora gobernada pola vontade de entregar a súa vida á pintura».

— Ángel Cerviño
  • Editorial: Fabulatorio |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-124260-2-1 |