Camiño andado
LETRAS GALEGAS 2023 Camiño andado é unha autobiografía e a crónica dun tempo, dunha xeración e dunha esperanza, onde o autor asume a experiencia vivida para percorrer, desde a memoria, o camiño andado que vai desde o agromar da República e o pulo do galeguismo ata o labor cultural para reconstruír na clandestinidade aquel alento esvaecido. Desde a sublevación militar, que borrou o futuro, ata as posibilidades que abriu a chegada da democracia. A vida de Francisco Fernández del Riego, alimentada dunha paixón e dunha fidelidade: Galicia e a súa cultura.
- Editorial: GALAXIA |
- Páxinas: 286 |
- Dimensións: 135x210 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-9151-995-9 |