Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

FRIEDRICH GLAUSER | Glauser, Fiedrich

Schlumpf, Erwin: Homicidio

O sarxento Studer é unha persoa entrañábel, a quen é moi fácil collerlle cariño, un home moi da súa época, para ben e para mal, pero tamén un tipo especial: pachorrento, listo, dunha peza. Adoita traballar só, detesta a burocracia e empatiza cos personaxes marxinais con quen se atopa. É un home rexido pola ética da compaixón. En Suíza chegou a ser extremadamente popular.
Schlumpf, Erwin: Homicidio, publicada en 1936, é a primeira das cinco novelas que protagoniza Studer. Nela xa queda moi ben presentada a poderosa figura do sarxento, cuxas aventuras nos van revelando unha Suíza descoñecida, moi afastada do tópico do chocolate, o queixo e os reloxos.
Esta novela considérase a fundadora da tradición da novela policial en alemán. Isto explica que o premio de novela negra máis prestixioso do mundo xermanófono leve o nome de Friedrich Glauser. Sen o sarxento Studer non se pode escribir a historia da novela de detectives.
En 2021, o xurado do XIX Premio Plácido Castro resolveu galardoar este libro. Os membros do xurado valoraron especialmente “a moi elevada calidade desta tradución, que mostra unha gran fluidez e dominio tanto do alemán como do galego”, e tamén “o recurso ás notas a pé de páxina que axudan a contextualizar a obra”.
  • Editorial: Laiovento |
  • Páxinas: 216 |
  • Dimensións: 140x210 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: LAUREANO J. ARAUJO CARDALADA; Araujo Cardalda, Laureano J. |
  • ISBN: 978-84-8487-619-9 |