Perder as bestas
A acción transcorre nunha comarca preto da fronteira. As partidas de guerrilleiros comezan a reagruparse coa esperanza de que o final do nazismo sexa tamén o final da ditadura. O goberno organiza entón as chamadas contrapartidas, formadas por gardas e exmilitares, que actúan baixo falsa bandeira coa finalidade de sementar o terror e desprestixiar os seus adversarios. Acompañamos a unha destas contrapartidas, co Capitán, o Sentado, o da cicatriz e o mozo, nunha razzia tensa e violenta, a través dunha terra feraz e húmida, na que o xuíz Núñez se presenta como o novo e caprichoso patrón.
- Editorial: Xerais |
- Páginas: 128 |
- Dimensiones: 160x230 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-1110-338-1 |