A CANCIÓN DO CAMBIO
Unha nena entoa unha canción de esperanza, solidaridade e coraxe e o ritmo arrastra a súa veciñanza polas estradas da cidade nunha marea musical que roxe, medra e escorrenta os medos, No camiño aprenden que temos o poder de transformar a nosa contorna e que o cambio comeza por cada quen. Un poderoso himno ilustrado que a poeta e activista Amanda Gorman dedica ás nenas e nenos que desexan erguer a súa voz para conseguir un mundo mellor.
- Editorial: Hércules ediciones |
- Páxinas: 44 |
- Dimensións: 255x285 |
- Idioma: castelán |
- Tradución: IVONETE DA SILVA ISIDORO; FE GONZÁLEZ FERNÁNDEZ |
- Ilustración: Loren Long |
- ISBN: 978-84-18966-60-6 |