Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Area Carracedo, Ramón

Caixa de música

En Caixa de música, o sarxento Fernández e a inspectora Lucía, ambos da Garda Civil, despois de Camiño negro e Sen alento, esta vez investigando a desaparición dun piano, un can e tres estatuas. Todo relacionado coas escuridades derivadas da crise das caixas de aforro galegas.

Paralelamente, un músico brasileiro, autor de famosas cancións de bossa nova, e Pascual, o creador do himno galego, tocan o piano ás agachadas na catedral compostelá, para asombro de quen di ser o Apóstolo, con quen mesmo discuten sobre cuestións musicais.

Igual que nas novelas anteriores, Ramón Area continúa a moverse entre asuntos de actualidade. Antes fíxoo na pandemia ou nas tramas eólicas. Agora é a desfeita das caixas de aforro o ambiente que acompaña os personaxes e todas as tramas desta novela.
  • Editorial: Positivas |
  • Páxinas: 210 |
  • Dimensións: 135x250 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-126995-0-0 |