Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Grande Babarro, Alexandre

PERMACULTURA (2ªED)

Quen pense que a permacultura ten que ver con disposición da horta, baños composteiros ou bioconstrución, está no bo camiña, pero non atopará aquí o típico libro de permacultura, senón un libro que vai máis alá e cuxa esencia é nutrir e espallar a visión dunha permacultura integral e práctica que nos axudará a tomar consciencia dos retos actuais, a avaliar axeitadamente as nosas posibilidaddes e a buscar redes. Desde as experiencias persoais e unha traxectoria profesional activa e activista no eido da permacultura e a transición ecosocial, Alexandre Grande Babarro présentanos nesta obra unha visión global da permacultura que abrangue historia, referentes, trazos característicos, ferramentas de deseño e recursos para un mundo mellor. Completa ademais a súa achega coa presentación de proxectos vivos en Galicia (actualizados nesta 2ª.ed revisada) que se basean, dun xeito máis ou menos consciente, nos principios permaculturais e que nos propoñen respostas reais e viables ás crises ecolóxica e sitématica mundiais.
  • Editorial: Catroventos |
  • Páxinas: 233 |
  • Dimensións: 152x215 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-124635-9-0 |