Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Gomi, Taro

A bañarse!

Un álbum divertido, ideal para contar, cheo de sorpresas, xogos visuais e onomatopeas, que aborda o hábito cotián do baño con graza e orixinalidade. Chega o final do día e, antes de ir durmir, León ten que bañarse. “Que dis, mamá? Quitar a roupa un león?”, di. Coa complicidade e, ás veces, a desesperación da súa nai, León vai despoxándose de todas as pezas de roupa, capa a capa, ata quedar completamente espido. A partir dese momento, o baño convértese noutra estimulante aventura. Cunhas ilustracións sinxelas, definidas e expresivas, “A bañarse!” constitúe un recurso máis para fomentar a autonomía dos nenos e as nenas á hora de afrontar as tarefas cotiás como espirse e asearse.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páxinas: 40 |
  • Dimensións: 200x240 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: Fukuhara, Maki |
  • ISBN: 978-84-1343-233-5 |