Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

SWEDROWSKA,MALGORZATA | Bartosik,Joanna

MAMÁS E PAPÁS

MAMÁS E PAPÁS:
outra mirada
sobre as familias
nun conto para
primeiras lecturas
Creado polas autoras polacas Malgorzata Swedrowska
e Joanna Bartosik, mostra, dun xeito divertido e
vistos desde os ollos das ?llas e ?llos, o papel de
mamás e papás nos fogares, rachando cos clixés
tradicionais.
Traducidos do polaco ao galego por Ana Garrido.
Coa supervisión de María Reimóndez.
FICHA TÉCNICA 52 pp. 20 x 20 cm
ISBN: 978-84-18567-49-0 PVP: 16 €
Capa dura. Cosidos con fío vexetal. Impresos en papel ecolóxico.
ALVARELLOS EDITORA: [email protected], 981 522 137
www.alvarelloseditora.gal
TEXTO CONTRACAPA
MAMÁ DÁLLE A TODO. ÁS VECES, CRAVA PUNTAS.
PAPÁ DÁLLE A TODO. ÁS VECES, PREPARA O CALDO.
MAMÁ FAIME IR. PAPÁ É AGARIMOSO.
MAMÁ COMPÓN. PAPÁ CANTA.
PAPÁ LEMBRA. MAMÁ SOÑA.
MAMÁS E PAPÁS CREAN O MUNDO PARA NÓS HABITAR.
ARGUMENTO
A través de 50 escenas ou viñetas vaise retratando,
ilustrando, o día a día de pais e nais nas súas vidas
cotiás e o seu papel nos fogares. Ollados desde o punto
de vista da xente máis nova da casa, vanse sucedendo
situacións divertidas, soñadoras e poéticas.
CLAVES PARA A LECTURA
Historias ilustradas para nenas e nenos a partir dos 3
anos. Este conto complétase con outros dous títulos
das mesmas autoras tamén publicados por nós IRMÁS
E IRMÁNS e AVOAS E AVÓS. Os tres foron traducidos ao
galego, directamente dende o polaco pola ?lóloga Ana
Garrido.
Os contos desenvolven outra mirada sobre as familias.
Quen é mamá? Quen son as persoas que me coidan?
Que fan cada día? Que desexan? Que soñan? Canto me
queren?
  • Editorial: Verdemar |
  • Páxinas: 52 |
  • Dimensións: 200x200 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: ANA GARRIDO |
  • Ilustración: Joanna Bartosik |
  • ISBN: 978-84-18567-49-0 |