Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Brönte, Charlotte

Jane Eyre

Orfa e rexeitada polos parentes a quen se lles encomendou o seu coidado, Jane Eyre pasa nos seus primeiros anos dunha casa hostil a un internado. Alí, con todo, consegue unha boa educación e, tras un tempo exercendo de profesora, marcha para traballar de institutriz na espléndida mansión do señor Rochester. A vida por fin parece sorrirlle, pero algo terrible espreita no faiado de Thornfield Hall.

Publicada por primeira vez en 1847 baixo o pseudónimo Currer Bell, Jane Eyre obtivo un éxito inmediato e supuxo toda unha revolución na narrativa, converténdose nun dos grandes clásicos indiscutibles da literatura universal. En Jane Eyre, Charlotte Brontë non só tece unha narración apaixonante e chea de peripecias que leva namorado xeracións enteiras de lectores, senón que introduce unha perspectiva novidosa para o seu tempo ao relatar toda a trama desde o punto de vista de Jane, no que moitos autores consideran o primeiro exemplo de fluxo de conciencia. Todo un fito literario que chega por primeira vez ao galego da man de Irmás Cartoné.
  • Editorial: Irmás cartoné |
  • Páxinas: 640 |
  • Dimensións: 128x198 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: RECAREY RENDO, CELIA |
  • ISBN: 978-84-126247-4-8 |