Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Castro Moure, Amador

Pronto hei de volver

Para Chiqui, todo comezou cunha bala. Mais antes, para que ela chegase a existir, foi precisa a emigración a Venezuela de finais dos cincuenta: destinos cruzados desexando sucar o océano a bordo de barcos de vapor.
«Pronto hei de volver» é a historia de Rosario de Chiquinquirá, unha asasina a soldo, residente no infame barrio de Petare, que quere deixar atrás a vida que leva malia estar convencida de que non existe o «ascensor social». Tamén é a historia de Castor Varela, que quixo ir, mais nunca chegou a poñer un pé en Venezuela. E tamén a de Policarpo Luxilde, que foi sen querer e encargou a morte do Castor. En definitiva, unha historia de vidas cruceiro que só alcanzan a súa razón de ser na existencia das outras.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 176 |
  • Dimensións: 155x230 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1110-437-1 |