Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Pardo de Neyra, Xulio

Ollos azuis

En Ollos azuis, segunda das sinfonías en que retrata a música atonal de Terra de Miranda e Terra de Burón, Pardo de Neyra volve recuperar un feixe de historias rescatadas do baúl da súa memoria familiar para, neste caso, efectuar unha viaxe literaria polo camiño da herdanza duns ollos azuis que, de home a home, esqueceu a súa verdadeira procedencia feminina. Neste novo traballo insístese de novo no lirismo e na maxia que, para todo clan familiar, ben pode referir unha procedencia xeográfica determinada, para alén de rexistrar como a importancia da figura da muller foi capital para unha xínea despois insistentemente louvadora do elemento masculino. «O traballo de recuperación do léxico, tanto histórico, como propio é outra peza clave nesta novela, que como boa máquina de artellar pensamento pon en valor o noso patrimonio inmaterial: a fala. […] Un traballo impecable onde as personaxes, entre outras moitas características, falan dun xeito propio en cada unha das épocas, en cada unha das terras nas que habitan».
  • Editorial: Belagua |
  • Páxinas: 178 |
  • Dimensións: 140x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-126822-8-1 |