OS NOMES DE VAL
Esta é a historia de Val, unha nena adoptada a finais dos anos sesenta nunha vila galega. Secretos, mentiras, a loita pola supervivencia, o afán de superación, o rancor, a esperanza e o amor como elemento de redención. Todo isto e máis forma parte das vidas dos Piñeiro Castro, desde os devanceiros ata a nena de ollos riscados e pelo negro cortado á altura da caluga. Neste calidoscopio humano (Manuela, Sebastián, Ama Martela, Mateo, Isaura
) hai personaxes que tratan de abrollar desde a derrota; outros que, para protexerse, se agochan detrás dunha casca de dureza. Algúns fan da debilidade fortaleza ou levan a bondade por bandeira. Están tamén os que se buscan, teimudos, e se atopan no amor dunha muller. E está ela, Val, que procura desentrañar o misterio da súa orixe e dos seus trazos diferentes, aínda que para iso teña que sufrir e afastarse dos que máis ama.
- Editorial: Medulia |
- Páxinas: 274 |
- Dimensións: 150x230 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-19438-59-1 |