Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Carle, Eric | Martin, Bill

Oso pardo, oso pardo, que ves aquí?


Un oso pardo, un paxaro vermello, un pato amarelo ou un cabalo azul son
algúns dos curiosos personaxes que asoman por este divertido álbum
acartonado ideal para aprender as cores e os nomes dos animais.


Un texto rítmico, encadeado en formato de preguntas que animan os lectores e lectoras a participar e interaccionar.


Un libro ideal para desfrutar en familia ou na escola co selo inconfundible
do gran Eric Carle que volve sorprendernos co seu estilo sinxelo e lúdico
co que gañou millóns de lectores e lectoras en todo o mundo.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páxinas: 28 |
  • Dimensións: 125x180 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: NICOLAS BALLESTEROS, IAGO |
  • ISBN: 978-84-1343-231-1 |