As "escolas novas" e os seus problemas
A Nova Educación con varias denominacións: Éducation nouvelle, New
Education, Progressive Education ou tamén Escola Nova supuxo unha
revolución copernicana, unha ruptura con respecto ao modelo educativo
dominante a finais do s. XIX.
O presente texto, seleccionado entre as diversas achegas existentes que
abordan a Nova Educación, correu a cargo do profesor e filósofo Ernesto
Codignola, promotor en Italia, despois da Segunda Guerra Mundial, dunha das
recoñecidas escolas novas. Trátase dun texto rico en información e
argumentativo, que foi actualizado en 1962, complementado polo pedagogo
Aldo Visalberghi e reeditado de novo en 1970.
Favoreceu, ademais unha salientable renovación metodolóxica; abriu as
portas das escolas ao medio social e ao natural, estimulou que os docentes
se interesasen polos nenos e os adolescentes desde o punto de vista
psicolóxico e emocional, polas súas necesidades e motivacións; puxo o foco
no clima organizativo e relacional; deulle un novo protagonismo á formación
ética e de cidadanía democrática e promoveu a creatividade e a expresión
infantil.
- Editorial: Kalandraka Editora |
- Páxinas: 208 |
- Dimensións: 150x215 |
- Idioma: Galego |
- Tradución: Costa Rico, Antón |
- ISBN: 978-84-1343-267-0 |