Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Figueras, Núria

A visita


XVI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado


Unha pequena raposa queda soa na tobeira e pese á advertencia da súa nai de
non abrirlle a porta a ninguén, deixa entrar a unha visita sorprendente: o
Silencio. Tras uns instantes de desconfianza e medo aprenderá xunto ao seu
invitado que non se necesita música para bailar, xa que os latexos do teu
propio corazón marcan o ritmo. Ou que esa voz interna que precisa de
quietude para ser oída son os teus propios pensamentos.



Un álbum delicioso que anima a gozar da soidade e o silencio. Unha
proposta orixinal e necesaria nunha sociedade saturada de ruído e
contaminación sonora.

  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páxinas: 36 |
  • Dimensións: 220x280 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: BALLESTEROS, XOSÉ |
  • Ilustración: Font, Anna |
  • ISBN: 978-84-1343-259-5 |