Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

GÓMEZ RAMOS, ADRIÁN

Aqueles corpos nosos

Todos os actos teñen consecuencias. Fernán e Xandre Malvís buscan recuperar a normalidade nas súas vidas e sandar as cicatrices inflixidas polo enfrontamento cos irmáns Garrido. A cidade, pola contra, non esquecerá con tanta facilidade o conflito entre as dúas familias, e as fauces de Compostela escolleron unha nova vítima. Os Malvís terán que facer uso de todo o seu coñecemento do mundo sobrenatural para resolver a desaparición de Sandra Valverde antes de que o seu corpo se engada á lista de necrolóxicas. Polo camiño farán fronte a unha pregunta que o cambiará todo: ata onde están dispostos a chegar para protexer o que queren Logo do éxito de «Cando sangren os lobos» (I Premio Xuventude Crea de Novela Curta), Adrián Gómez Ramos regresa á escrita con «Aqueles corpos nosos».
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 224 |
  • Dimensións: 130x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1110-451-7 |