Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

González Gándara, Fernando

Verdade e acción

Xa hai tempo que non cabe agardar que a ciencia produza verdades inapelables, capaces de fulminar por si mesmas as crenzas falsas e as opinións interesadas. No seu lugar, e no mellor dos casos, ofrécense consensos de expertos, baseados en hipóteses e teorías sometidas a unha revisión permanente.

Esta situación non cadra coa idea común segundo a cal a realidade é algo que está aí, agardando a ser descuberta, nin coa de que o coñecemento verdadeiro é o que se adecúa a ela. Para Fernando González Gándara, a persistencia dese concepto de verdade como adecuación é o que impide comprender e valorar na súa xusta medida esas verdades en proceso indefinido de elaboración.

A través dunha orixinal interpretación da filosofía de William James, o autor deste libro defende un concepto pragmático de verdade segundo o cal esta se fundamenta nos seus efectos prácticos e na actividade na que se producen. Unha idea sinxela que implica unha radical transformación do noso xeito de entender a experiencia e a realidade.
  • Editorial: Euseino? |
  • Páxinas: 128 |
  • Dimensións: 135x185 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-127031-1-5 |