Horarios: luns a sábado de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Casalderrey, Fina

Chamizo

Nesta novela cóntase a historia de Martina, unha nena de nove anos, que desexa máis ca nada no mundo poder ter un animal, aínda que é consciente de que sería malo para el vivir nunha cidade. Por casualidade atopa un gatiño nunha papeleira cando chega ó colexio.
Despois de numerosas vicisitudes para oculta-lo animal durante todo o día, convence facilmente ós seus país (ela cría erroneamente que odiaban os animais) para volver ó colexio e recoller a Chamizo -nome co que Martina bautiza o gatiño-, oculto nos armarios da aula. Recolleno e Martína, na súa cama pola noite, chora de felicidade. Non obstante, Martina sabe que o gatiño ten que ir á aldea cos avós, pois un piso nunha cidade é unha gaiola para un animal.
  • Editorial: Xerais |
  • Ano: 2015 |
  • Páxinas: 80 |
  • Dimensións: 135x195 |
  • Idioma: Galego |
  • Ilustración: GONZÁLEZ, LUÍS |
  • ISBN: 978-84-8302-616-8 |