A traizón
A traizón arranca en 1869, na cidade de Bergen, onde dúas familias se reúnen para celebrar a voda entre o experimentado capitán Adolph Riber e Aurora Ingstad, Ory, unha moza de dezasete anos, case catorce menos ca el. A partir de entón, as desavinzas da parella non farán senón agudizarse, mentres a historia avanza, sometida a unha guerra conxugal con momentos de gran virulencia (sobre todo dialéctica), coa disección sutil do sistema social en voga, a miúdo mediante diálogos enxeñosos, xiros de guión inesperados e un hábil emprego da corrente de conciencia.
No sistema literario de orixe, esta novela está considerada como un dos grandes clásicos do rupturismo moderno escandinavo, un movemento de corte realista e analítico. Cómpre así mesmo prestarlle atención á descrición da vida a bordo dun mercante noruegués (que a autora coñecía á perfección), outro dos grandes atractivos dunha obra a todas luces singular, nunca antes traducida a ningunha lingua ibérica.
Cal é a traizón? Quen a cometeu? De onde parte? Chega a superarse? Celos, incomprensión, rexeitamento, disparidade sexual e afectiva, confianza, fe son elementos que suman para facer desta peza un nexo inescusable entre a Casa de bonecas (1879) de Henrik Ibsen e grandes novelas europeas posteriores tales como Il disprezzo (1954), de Alberto Moravia.

- Editorial: Huguin e Munin |
- Páxinas: 160 |
- Dimensións: 13x20 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-126007-9-7 |