Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

SOLAR, MARÍA

Adeline

Adeline é unha homenaxe a Carmilla, a primeira vampira literaria, escrita vinte e cinco anos antes de Drácula.
Laura vive desde nena agoniada por un estraño don que posúe: ve mortos. Durante anos leva unha vida solitaria no pazo familiar da contorna de Verín. Cando medra, a ansiada vida universitaria en Madrid tampouco é o que esperaba. No regreso estival ao pazo, Laura atopa unha misteriosa viaxeira. A muller é idéntica á que viu en soños moitos anos atrás. Non é un encontro casual. Aquela moza está alí para descubrirlle que o Universo é moito máis inmenso do que percibimos e que os seres ocultos están e estiveron sempre entre nós.
«Os non mortos non temos idade. Laura, só quero que saibas que estou en perigo.»
Finalista do XV Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 288 |
  • Dimensións: 130x205 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1110-452-4 |