Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

García Teijeiro, Antonio

Os ecos do vento

Doce poemas de Antonio García Teijeiro para doce mulleres creadoras con ilustracións de Noemí Villamuza.
Juana de Ibarborou, Gabriela Mistral, María Cristina Ramos, Mercedes Calvo, María Elena Walsh, María José Ferrada, Cecilia Pisos, Rosalía de Castro, Beatriz Giménez de Ory, María Teresa Andruetto, Laura Devetach e Gloria Fuertes. Creadoras, poetas ou narradoras de diferentes xeracións e de ambas as beiras do Atlántico a quen Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, admira. Un poema para cada unha, unha ofrenda ilustrada coa sensibilidade de Noemí Villamuza.
Imaxes suxestivas protagonizadas por nenas, mulleres e anciás que xogan, bailan e soñan ao ritmo da vida, duns versos que viaxan cargados de sentimento e emoción cos ecos do vento.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páxinas: 32 |
  • Dimensións: 185x270 |
  • Idioma: Galego |
  • Ilustración: Noemi Villamuza |
  • ISBN: 978-84-1343-281-6 |