Os segredos do bosque de Ben-Cho-Shey
Que segredos oculta o bosque de Ben-Cho-Shey nun día de néboa? Por que ten ese nome tan raro? A quen lle gusta xogar á billarda? En que falan os afiadores de navallas, tesoiras e coitelos? De que lugar saíron para percorrer o mundo detrás dunha roda? Que trasgos se agochan debaixo dun maio feito con musgo, flores e carrabouxos para non ser descubertos?
O bosque de Ben-Cho-Shey esconde segredos que ninguén coñece. Pero, cales son? Os segredos non se contan; descóbrense nestas páxinas, seguindo os pasos de Loaira e Lislé, dous dos protagonistas desta historia.

- Editorial: GALAXIA |
- Páxinas: 44 |
- Dimensións: 240x218 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-1176-187-1 |