Lobos nas illas
Pode lerse como unha novela, pode lerse como relatos encadeados sobre a memoria, os segredos das familias, unha casa habitada durante séculos que agora se pechará, aldeas nun proceso acelerado de mudanza, a Costa da Morte que constitúe o territorio literario de Aleixandre
Publicado en 1996, traducido para o castelán e reeditado en 2022, pois, segundo a autora, a súa intención é escribir clásicos, hai neste libro relatos pioneiros, o primeiro en galego sobre a violencia de xénero, Terror na madrugada, e sobre os fusilados do 75, A luz do día escura, recollido en antoloxías en inglés.
A escrita delicada, a atención á creación de ambientes, o diálogo cos textos literarios, son trazos da voz de Marilar Aleixandre que escolle o relato como no que máis goza escribindo.

- Editorial: GALAXIA |
- Páxinas: 154 |
- Dimensións: 150x231 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-1176-179-6 |