Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

De Toro, Suso

A sombra cazadora

Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior. Fóra hai unha ameaza para todos eles que só o seu pai coñece. Un día o seu encerro vese alterado, e o seu pai advírtelles: «Imaxinade que a vosa sombra se separa de vós e cobra vida propia. Imaxinade que a imaxe do espello ten vida de seu e actúa pola súa conta. Ha chegar un momento en que teñades dificultades».
Publicada hai tres décadas, a novela de Suso de Toro «A sombra cazadora» converteuse nunha das obras máis lidas da literatura xuvenil. Esta edición, revisada e ampliada polo autor, afiánzaa como un texto de lectura inexcusable.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 232 |
  • Dimensións: 130x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1110-503-3 |