Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Teixeira Rodríguez, Xulio

As vidas do río

Unha cidade con vida. Un río de morte que a rompe. O cadáver dunha muller. Un asasinato? O primeiro. A partir de aí a escuridade e o fanatismo anuncian días de horror. Polo medio, intriga, tensión policial e humor. Un reloxo en marcha, a ignorancia do que acontece e as pantasmas do pasado.
Nas misteriosas e revoltas augas da cidade de Pontevedra, o comisario Serafín Freixeiro deberá resolver unha serie de crimes onde os intereses políticos, económicos e relixiosos chocan coa sorprendente realidade de Semana Santa.
As vidas do río é unha novela de suspense que fai que o lector sinta a forza de atracción dunha cidade actual, viva e máxica, onde as emocións animarán o seu camiño para coñecela a través duns acontecementos tráxicos, neste relato vertixinoso en que as pezas van encaixando con precisión para chegar a un insólito final.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páxinas: 272 |
  • Dimensións: 148x230 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1176-192-5 |