Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Epton. Tradución, Nina

Uvas e granito (Unha viaxe por Galicia)

Na metade dos anos cincuenta unha aventureira británica desembarca nun porto galego á percura de novas experiencias. Nina Epton non sabía que ía facer a máis fantástica crónica de viaxes por Galicia, un país a medio camiño entre o pasado e a necesidade de ter futuro. Coñeceu e tratou a ilustre xeración sobrevivente do Partido Galeguista, interpretou a xente do país como ninguén, entrou na paisaxe, nas texturas e nas cores. No principio e no final desta obra deixou escrito: "moito do feitizo de Galicia é indescriptible".
  • Editorial: Ir Indo |
  • Páxinas: 317 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: ANTÓN FERNÁNDEZ, ANTONIO |
  • ISBN: 978-84-7680-150-5 |