Lady Susan
Tras o pasamento de Frederic Vernon, lady Susan, a súa viúva, unha muller distinguida e fermosa mais tamén egoísta e intrigante, encomeza a artimañar á busca dun novo marido, quer para ela, quer para a súa filla de dezaseis anos, Frederica. Coa complicidade, os consellos e a axuda puntual da súa amiga Alicia Johnson irá dando conta epistolar de cada un dos seus pasos e estrataxemas cas de Charles e Catherine Vernon, os seus cuñados. Á súa vez, esta última, en cartas cruzadas cos seus pais e co seu irmán Reginald (paulatina e perigosamente próximo a lady Susan), achega unha versión ben distinta das distintas peripecias.
Ao longo das máis de corenta cartas que intercambian, sobre todo, os De Courcy e os Vernon, Jane Austen subverte nesta enxeñosa e retranqueira obra de xuventude os códigos da novela romántica, cunha protagonista manipuladora e capaz de suxugar a quen se lle poña por diante para acadar un status vantaxoso.
Lady Susan publicouse en 1871, medio século longo despois de morrer Jane Austen e por decisión dun sobriño; con todo, é probable que a súa escrita date de finais do século XVIII. Por estilo e contido, anticipa os trazos que farían célebre a brillante autora inglesa no Reino Unido e en todo o mundo.

- Editorial: Huguin e Munin |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-128075-2-3 |