Un grilo moi silencioso
Un novo Eric Carle en galego en edición acartonada e con sons, ideal para ver e escoitar.
Por moito que refregaba as súas ás, o pequeno grilo non era quen de cantar. Nin a lagosta, nin a barbantesa, nin o verme, nin o mazaleites puideron escoitar o seu son. Tampouco os demais habitantes do prado ata que unha noite, á luz da lúa, se atopou cunha grila
Nesta obra encontramos algúns dos temas habituais en Eric Carle: a natureza, o fluír do tempo, o crecemento, a transformación, E tamén moitos dos trazos característicos da súa proposta plástica: a cor, o trazo rápido ou a colaxe. Un acartonado ideal para aprenderlles ás crianzas os fermosos nomes dos insectos en galego que conta cunha sonora sorpresa final.

- Editorial: Kalandraka Editora |
- Páxinas: 26 |
- Dimensións: 177x127 |
- Idioma: Galego |
- Tradución: IAGO NICOLÁS |
- ISBN: 978-84-1343-271-7 |