Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

BRIGGS, RAYMOND

CANDO SOPRA O VENTO

Retranca Editora publica por primeira vez en galego esta banda deseñada imprescindible. Unha obra que debería ser de obrigada lectura para entender o absurdo das guerras e de como nos poden chegar a afectar a calquera de nós.



Cunha tipografía elaborada por Kohell a partir da orixinal creada a man por Raymond Briggs e cun traballo de tradución moi complexo para traer á nosa lingua os matices dunha obra fundamental da banda deseñada, levado a cargo por Alejandro Tobar.



Un clásico que chegará ás librarías e bibliotecas galegas co obxetivo de remover as conciencias antibélicas nestes tempos convulsos que, por desgraza, estamos voltando a vivir.
  • Editorial: Retranca |
  • Páxinas: 82 |
  • Dimensións: 240x330 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-122411-9-8 |