Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Cantini, Barbara

Bufiño & Brunilda. Un chisco de maxia

Bufiño é un gato da rúa case todo negro, que busca alguén con quen estar. Brunilda é unha nena cunhas mestas guedellas roxas, que vive nunha casa extravagante con mil cuartos. Durante o día axuda nunha floraría, e de noite transfórmase nunha aspirante a bruxa. Para facer o seu primeiro voo e converterse nunha bruxa como é debido só
lle falta unha cousa: un gato negro! Achégase o gran día, e do gato non hai nin rastro... Cando velaquí que pola porta da tenda asoma o pequeno vagabundo. E, aínda que Bufiño ten a punta do rabo branca, Brunilda sabe que
era mesmamente a el a quen estaba esperando.
  • Editorial: Hércules ediciones |
  • Páxinas: 64 |
  • Dimensións: 140x210 |
  • Idioma: castelán |
  • Tradución: GÓMEZ PATO, ROSA MARTA |
  • ISBN: 978-84-19754-37-0 |