Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Santalices, Verónica

O violino de Luisa

O silencio apoderouse da Coruña. O vento e os reloxos enmudeceron. O mar, calmo, semella de chumbo. Non se oen nin as cantigas das redeiras na praia, nin as coplas dos mariñeiros nas tabernas antes de regresar á casa.
A Música e a Poesía desapareceron para asombro e tristura de toda a veciñanza. A nena Luísa Villalta e o seu inseparable compañeiro, Violino, inician unha emocionante aventura percorrendo ruelas e recunchos da cidade para resolver o misterio e devolver á cidade a súa alegría e bulicio.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páxinas: 106 |
  • Dimensións: 130x200 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1176-188-8 |