Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Lionni, Leo

Un peixe é un peixe

Unha fábula sobre a amizade que anima á reflexión sobre a identidade e sobre a forma en que accedemos ao coñecemento.
Nun estanque, preto do bosque, vivían dous amigos inseparables: un peixiño e un cágado. O peixiño non cría que o cágado se convertese en ra, así que discutiron e discutiron ata que o cágado decidiu marchar a explorar o mundo. Ao seu regreso, tras contarlle ao seu amigo as cousas tan extraordinarias que vira máis alá do estanque, o peixiño tamén decidiu seguir os seus pasos. Pero pronto descobre que vivir na terra non é como imaxinaba…

En Un peixe é un peixe aparecen temas presentes noutros álbums de Lionni como a importancia da amizade ou a aceptación da diferenza. Trátanse, con todo, de maneira orixinal, outros aspectos de gran profundidade: como coñecemos as cousas, como sabemos o que sabemos, como vemos os demais ou como somos vistos por eles. Un interesante punto de partida para unha conversa sobre as nosas capacidades e o que significa non poder facer algo que outros si poden.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páxinas: 40 |
  • Dimensións: 220x275 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: GONZÁLEZ, XOSÉ MANUEL |
  • ISBN: 978-84-1343-283-0 |