Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Lenz, Pedro

De porteiro xoguei eu

Nos anos oitenta do século XX, nunha vila típica de Suíza, un xonqui a quen todo o mundo coñece como Porteiro acaba de cumprir unha condena e quere reconstruír a súa vida. Mentres intenta coñecer as circunstancias exactas en que tivo lugar o seu ingreso na cadea, descobre, desconcertado, que nada é o que parecía ser.
Der Goalie bin ig, de Pedro Lenz, publicouse en 2010. Escrita no alemán bernés falado na Alta Argovia, é unha historia sobre a memoria, o amor e a traizón que tivo unha enorme resonancia e xa se considera a obra en dialecto máis coñecida de todos os tempos. Gañou o Premio de Literatura do Cantón de Berna e mais o Premio Schiller de Literatura da Suíza Alemá. Traduciuse ao italiano, ao alemán estándar, ao dialecto inglés de Glasgow, ao lituano, ao letón, ao francés, ao húngaro, ao neerlandés, ao ruso e ao ucraíno. De porteiro xoguei eu, a versión galega, é probabelmente o primeiro caso dunha obra dialectal da Suíza alemánica traducida a unha lingua da Península Ibérica.
A novela foi levada ao cine por Sabine Boss, estreouse en 2014, atraeu unha gran cantidade de público, foi galardoada no Premio do Cinema Suízo e recibiu os premios de cinema de Zürich, de Berna e da Crítica Cinematográfica Suíza, así como o Premio Walo.
  • Editorial: Laiovento |
  • Páxinas: 158 |
  • Dimensións: 140x210 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: Araujo Cardalda, Laureano J. |
  • ISBN: 978-84-8487-683-0 |