Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

(g).a antartida media 1,72

Na Antártida o tempo magoa a permanencia do pasado, unha xistra aguzada corta de súpeto á altura dos xeonllos o poema, desde aí a verdade álzase inconmesurable contra o silencio, coma unha balea austral no centro do nada. Unha fenda abriu ao medio o territorio e, a medida que as dúas marxes se afastan, a palabra acolle entre os dedos unha distancia glaciar. E algo semellante á quietude vai tecendo este deserto xeado que arrasa a linguaxe, as outras que fomos, incluso a cicatriz. Patricia Meira consegue con estes versos conformar todo un cosmos do frío, con precisión e contundencia, coa habilidade coa que se mete a sede polo ollo dunha agulla.
  • Editorial: Elvira |
  • Páxinas: 80 |
  • Dimensións: 150x225 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-126395-9-9 |