Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

BAAMONDE, ANTON

Feísmo?, destruír un país

Que é realmente o feísmo, de onde vén e até onde chegan as súas consecuencias? Hai moitos feísmos diferentes? É un fenómeno único ou multipolar? Despréndese dunha situación socio-política? Aliméntase de orografias imposíbeis? Pódese rastrexar historicamente? É endémico ou inducido? Coñecemos outras sociedades que o padezan? Debe chamarse feírsmo? Todas estas preguntas e outras moitas foron tratadas no Foro do Feísmo, nunha tentativa de reflexionar sobre o problema na súa magnitude, para avaliar o «estado da cuestión».
Este volume ábrese co resultado dun traballo de campo fotográfico sobre a situación do noso territorio, con imaxes tomadas en diversos lugares de Galicia, agrupadas tematicamente, coa inteción de ofrecer distintos modelos de paisaxe existentes no país e distintos graos e modos de entender o chamado feísmo.
A segunda parte do libro constitúena as constribucións de cada un dos participantes no Foro do Feísmo, asi como a transcrición dos debates xerados nel. Deixase constancia así de máis de once horas un interesantísimo intercambio de ideas que supón un primeiro paso na análise das agresións ao territorio no noso país.
  • Páxinas: 216 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-935223-0-8 |