Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Aneiros, Rosa

Faísca, a nena neandertal

Xoel, Matilde, Diana e Carlos van de campamento a unha aldea preto de Triacastela. As vacacións preséntanse aburridísimas porque teñen prohibidos os videoxogos e as cartas do seu xogo favorito. Mais, coma sempre, a súa intuición erra de cheo. Sonche ben expertos en meterse en sarillos! A visita ao xacemento arqueolóxico de Cova Eirós serviralles de porta de entrada ao Plistoceno. Desta volta, a súa principal ameaza será unha nena neandertal, rebuldeira e divertida, coa que deberán facer boas migas se queren sobrevivir nun mundo tan hostil como fermoso. O Paleolítico galego amosaralles os seus segredos mellor gardados, onde non todo é o que parece, amigos! Logo de viaxar ao Cretáceo en «Catro plumas de dinousauro», Xoel e os seus amigos viven outra apaixonante aventura, desta volta no Paleolítico, ao berro de «Mamut, cómeme o cu!».
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 224 |
  • Dimensións: 135x190 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1110-568-2 |