A abadía de Northanger
Aos 23 anos, Jane Austen enviou o manuscrito de A abadia de Northanger, a súa primeira obra, a unha editorial, que nunca chegou a publicar, e sairía do prelo en 1918, cando, tras a morte de Austen, a súa familia recuperou o libro do editor.
Quizais sexa esta a creación máis heterodoxa, divertida e irónica da autora, obra que algúns definiron como o “Quixote das novelas góticas”. Protagonizada por Catherinne Morley, unha moza fantasiosa obsesionada coas pantasmas, os castelos encantados e os misterios, que ansía vivir aventuras mentres a súa familia só quere que case ben.
Unha aguda sátira literaria e unha inspirada reflexión sobre os prexuízos e crueldades da sociedade que mostra, onde non é o que dicimos ou que pensamos o que nos define, senón o que facemos, como dixo a propia Austen.

- Editorial: GALAXIA |
- Páxinas: 266 |
- Dimensións: 149x220 |
- Idioma: Galego |
- Tradución: MARIA RAMOS SALGADO |
- ISBN: 978-84-1176-326-4 |