Soño de neve
Un novo Eric Carle acartonado con texturas e solapas para celebrar oNadal.áNunha pequena granxa vivía un granxeiro cos seus cinco animais. Unhanoite, tivo un soño: caían folerpas de neve que pouco a poucoosácubrían a todos cun manto branco.á“Soño de neve” é unha historia de Nadal, chea desorpresas, que destaca polasásuas particularidades gráficas: a cuberta satinada, que contrasta coa rugosidadeáde fragmentos téxtiles queimitan as folerpas de neve, e as páxinas intercaladasácon xanelas queconvidan a descubrir quen se agocha detrás dos mantos brancos.A intensidade das ilustracións, ao estilo de Eric Carle, en colaxes de papel pintado e con texturas, propón unha experiencia de contrasteentre a brancura daáneve e un vistoso colorido dos demais elementos.
- Editorial: Kalandraka Editora |
- Páxinas: 24 |
- Dimensións: 180x180 |
- Idioma: Galego |
- Tradución: IAGO NICOLÁS |
- ISBN: 978-84-1343-311-0 |