Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Keegan, Claire

Cousas pequenas coma estas

O inverno de 1985 é frio e húmido na pequena vila irlandesa de New Ross. Bill Furlong, dono dun almacén de leña e carbón, ocúpase con dilixencia dos numerosos pedidos. Furlong é un home honrado, un xefe xusto e un pai de familia bondadoso. A súa única preocupación é dar conta do traballo e que non lles falte de nada ás súas cinco fillas e á súa muller Eileen. Pero unha mañá, ao entregar un cargamento no convento da vila, bate cunha situación perturbadora. E daquela debe decidir se mirar para outro lado e agachar a cabeza, como fan todos, ou tomar partido a pesar das consecuencias.
  • Editorial: Rodolfo e Priscila |
  • Páxinas: 88 |
  • Dimensións: 200x135 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: XUBÍN, ISAAC |
  • ISBN: 978-84-127852-3-4 |