Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

CASTRO PEREZ, XAVIER

Ben mantidos

Xavier Castro Pérez, estudoso da historia cultural da alimentación e a culinaria galega, ofrécenos en Ben mantidos un percorrido polos maiores e máis ilustres protagonistas da nosa gastronomía: o cocido, o caldo, as empanadas, o polbo, as vieiras…
Unha novidosa interpretación da nosa historia, unha “nova crónica de nós”, fornecida de alento e optimismo e cunha ollada que permita que as novas xeracións se identifiquen cunha sociedade vizosa que pasou penurias xa superadas, o que leva ao autor a soster que, coa dieta atlántica, os galegos estivemos, e seguimos a estar, ben mantidos.
E moi satisfeitos cos nosos xantares.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páxinas: 226 |
  • Dimensións: 148x230 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1176-342-4 |