Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

(G) O VILLA DE PITANXO

O Villa de Pitanxo: Misterios dun Naufraxio é unha homenaxe aos mariñeiros que faenan a bordo do arrastreiro de Marín. Nesta obra nárrase un universo descoñecido sobre os mariñeiros que navegan en Terranova, unha simbiose entre os seus moradores do mar e o valor dos coñecementos nados da experiencia destes lobos de mar. As veces tráxica, sempre esforzada, convertida nun tesouro transmitido a través de xeracións. É un berro de esperanza e de loita das familias por aclarar a verdade do naufraxio do barco e a búsqueda dos desaparecidos. Unha reivindicación lexítima aos responsables das perdas humanas que endexamais deberan haber acontecido. Fálase sobre unhas formas de concebir o traballo a bordo dos arrastreiros, no que prevalecen as motivacións económicas, antes que a seguridades dos mariñeiros. Sublíñase un ecosistema pesqueiro, que loita por sobrevivir sen perder a súa esencia. Os distintos procesos en evolución dos acontecementos acaecidos e por acontecer transmítennos perfectamente a beleza deste fascinante oceáno tenebroso e a posta en valor de tódolos marinos de Terranova con respecto e admiración.
  • Páxinas: 158 |
  • Dimensións: 17x23 |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-127482-7-7 |